25 jul. 2018 Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2018

Salida Desde Hasta Precio
PROBA ASBOLUTA
6,450 m
11:00 04/07/201823/07/20185,00€

A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Servizo Municipal de Deportes, e coa colaboración técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o mércores 25 de xullo de 2018, a partir das 11,00 horas, a “Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2018”. 

INSCRICIÓNS

Faranse para as categorías Promesas, Senior e todas as de Veteranos/as ata as 23:59 horas do día 23 de xullo de 2018, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, e faranse na web www.championchipnorte.com
Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.40 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento, no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
Haberá tres tipos de inscrición:  

  • Para as categorías Promesas, Senior e Veteranos o/a deportista pagará a cota de 5 € mais, de ser o caso, 2 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso).
  • Para o resto das categorías a inscrición é de balde.
  • No caso de que o/a deportista das categorías Promesas, Senior e Veteranos/as que se inscriba e pague, estivera en situación de desemprego o día da Carreira, poderá participar de balde e a Organización devolveralle os cartos (polo mesmo medio que fixo o pago), agás o chip que terá que pagar 2 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá carto algún. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. 
  • Farase no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o propio 25/07 en horario de 08,30 a 10,30 horas. 

Hemos actualizado nuestra política de privacidad.