29 jul. 2018 III carreira Ribeira do Tea

Salida Desde Hasta Precio
1 inscr.CARREIRA 2 KM
2,000 m
10:00 05/06/201827/07/20184,00€
8 inscr.CARREIRA 16 KM
16,000 m
10:30 05/06/201827/07/201810,00€

SAÍDA E META  
  • A saída terá lugar na fortaleza de Salvaterra de Miño (https://goo.gl/maps/UCy9Stzanc82), as 10:00 horas para 2 km e 10:30 para 16 km. 
INSCRICIÓNS

Faranse na web www.championchipnorte.com dende o 5 de xuño ata o 27 de xullo 2018.

Prezo:

  • 10 euros para a carreira de 16 km, e se precisan servizo de autobús 12 euros.
  • 4 euros para a carreira de 2 km.

A inscrición quedará limitada a 200 participantes.

 RECOLLIDA DE DORSAIS

Farase en dúas xornadas:

  • Sábado 28 de xullo, no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas (https://goo.gl/maps/nLeVpFb3Nfr) entre as 18:00 e as 20:00
  • Domingo 29 de xullo, na Fortaleza de Salvaterra de Miño (https://goo.gl/maps/UCy9Stzanc82) entre as 09:00 e as 09:50, día proba.
PERCORRIDO
  • Os corredores que pediron servizo de autobús estarán listos as 9:00 no pavillón Alvaro Pino para montarse no autobús que os levará a saída da proba.
  • As 09:50 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 2 km. As 10:20 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 16 km.
  • A saída terá lugar na fortaleza de Salvaterra de Miño (https://goo.gl/maps/UCy9Stzanc82), as 10:00 horas para 2 km e 10:30 para 16 km.
  • A proba de 2 km irá dende a Fortaleza ata a rotonda da depuradora e dará volta para rematar no lugar de saída.
  • A proba de 16 km discorrerá pola ribeira do río Tea, polo sendeiro que usan os pescadores, pasando polas parroquias de Salvaterra de Miño, Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira, Angoares e Ponteareas, para rematar na ponte romana de Os Remedios en Ponteareas. Os corredores completarán un percorrido de 16 km e terán un tempo máximo de 2 horas.
  • Lugar de chegada: https://goo.gl/maps/MfW2d3ZfMe32 

Máis información en: https://www.caminhantesdocondado.es/ribeira-do-tea/ 

Hemos actualizado nuestra política de privacidad.