19 may. 2018 III KRONOESKALADA ESQUIPA-AREOSA (VIMIANZO)

Salida Desde Hasta Precio
3 inscr.CARREIRA A PÉ 100 PLAZAS. QUEDAN 97
6,600 m
15:30 17/04/201817/05/20183,00€
0 inscr.PROBA COMBINADA (CARREIRA A PÉ + CICLISMO) 100 PLAZAS. QUEDAN 100
13,200 m
15:30 17/04/201817/05/20185,00€
2 inscr.CICLISMO 100 PLAZAS. QUEDAN 98
6,600 m
17:00 17/04/201817/05/20183,00€

HORARIOS

  •  14:00h: Apertura da mesa de dorsais situada no Campo de Areosa (a 2 km. do centro de Vimianzo. (Ver mapa 1 abaixo).
  •  15:00h: Peche da mesa de dorsais para a carreira a pé e concentración de participantes para desprazalos á saída a través dun medio de transporte que correrá a cargo da organización. Aqueles participantes que non estean antes desta hora faranse responsables de chegar á saída polos seus medios. (Ver mapa 2 abaixo da ruta alternativa para chegar á saída).
  •  15:30h: Comezo da carreira a pé cronometrada.
  •  16:30h: Peche da mesa de dorsais para a proba de ciclismo. Aqueles participantes que non estean antes desta hora faranse responsables de chegar á saída polos seus medios (Ver mapa 2 abaixo de ruta alternativa para chegar á saída).
  •  17:00h: Comezo da proba de ciclismo.
  •  18:30h: Entrega de trofeos no campo de Areosa (zona de meta).

A organización habilitará duchas no pavillón municipal de Vimianzo (situado a 2km da meta da proba) ou, no seu defecto, noutra instalación habilitada a tal efecto. Debido á capacidade dos termos non podemos garantir auga quente para todos os participantes. Tamén se informa que na zona de meta habilitarase un servizo de gardarroupa, fóra do cal nin a A. C. Cherinkas nin o Concello de Vimianzo se fan responsables da perda de obxectos persoais dos deportistas.

Recoméndase ter dúas roupas de abrigo, unha para a espera na saída e outra para achegada, pois o traslado da roupa dun punto ao outro non é simultáneo ao corredor.