20 may. 2018 DESAFÍO SAN MAMEDE SOLIDARIO 2018
Salida | Desde | Hasta | Precio | |
---|---|---|---|---|
20 inscr.CARREIRA 21,000 m | 09:00 | 07/04/2018 | 30/04/2018 | 13,00€ |
01/05/2018 | 17/05/2018 | 16,00€ | ||
2 inscr.ANDAINA 12,000 m | 09:15 | 07/04/2018 | 30/04/2018 | 10,00€ |
01/05/2018 | 17/05/2018 | 10,00€ |
Celebraráse o domingo 20 de maio de 2018, a saída terá lugar dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro ,dentro do Concello de Maceda (Ourense).
- 9:00 h para a modalidade CARREIRA
- 9:15 h para a modalidade ANDAINA
Non poden participar menores de 16 anos na modalidade de carreira e menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (20 de maio de 2018).
Poderanse realizar dende as 00:00 horas do dia 6 de abril de 2018 ata as 23:59 do día 17 de maio de 2018. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ao remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse:
- 1.- Online a través da pasarela de pago da páxina web:https://championchipnorte.com/
- 2.- Presencial:
Cubrindo un formulario e facendo o pago o contado en calquera das direccions que se sinalan a continuación:
Concello de Maceda
Direccion: rua toural 2, 32700 Maceda
Tf: 988463001
Tenda RunManiak
Avda de Buenos Aires nº 17, 32004 Ourense
Tf: 988613503
No caso de que queira desistir da inscrición poderá facelo ata 8 días antes da proba, será devolto o 50% do valor da inscrición.
O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA e CARREIRA) será o seguinte:
6 ao 30 abril 2018 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
- 10 € para a modalidade ANDAINA
- 13 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
- 17 € para ós participantes NON FEDERADOS
- 1 € por aluguer de chip para os que non son propietarios de chip amarelo.
1 ao 17 maio 2018 (para os pagos das cuotas de inscrición realizados entre ámbalas datas)
- 10 € para a modalidade ANDAINA
- 16 € para ós participantes FEDERADOS na FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑA na modalidade CARREIRA DE MONTAÑA
- 20 € para ós participantes NON FEDERADOS.
- 1 € por aluguer de chip para os que non son propietarios de chip amarelo.