01 may. 2018 XXI CARRERA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO

1152 Inscritos 0 Preinscritos PLAZAS LIMITADAS A 2500
Salida Desde Hasta Precio
175 inscr.PREBENXAMIN (2011-2013)
210 m
10:15 09/04/201826/04/20180,00€
231 inscr.BENXAMIN / ALEVIN (2007-2010)
960 m
10:45 09/04/201826/04/20180,00€
86 inscr.INFANTIL / CADETE / XUVENIL (2001-2006)
2,800 m
11:00 09/04/201826/04/20180,00€
2 inscr.HANDBIKE / SILLA DE ATLETISMO
11,700 m
11:30 09/04/201826/04/20180,00€
28 inscr.ESPECIAL
210 m
11:45 09/04/201826/04/20180,00€
630 inscr.ABSOLUTA (2000 E ANTERIORES)
11,700 m
11:50 09/04/201826/04/20180,00€

INSCRICIÓNS:
  • As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as categorías
  • Poderanse formalizar gratuitamente e exclusivamente en: www.championchipnorte.com
  • MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o xoves 26 de abril, ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
  • O domingo 29 e luns 30 de abril en horario de 10.00 a 14.00 h, no Pazo dos Deportes de Arteixo.
  • O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata media hora antes do inicio de cada competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
  • Unha vez finalizada a proba, os participantes non propietarios de chip deberán devolver o chip que a organización lle facilitou nos lugares habilitados ao efecto. No caso de perda ou non devolución, deberán abonar á empresa propietaria dos chips o custe dos mesmos.
  • Para a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o dorsal, e o chip, de ser o caso, con calquera dos seguintes documentos oficiais:
    • Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial
    • Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.
OUTROS DATOS
  • Facilitarase servizo de duchas e gardarroupa, que estarán situadas no Pazo dos Deportes
  • Haberá un espazo de ludoteca para os máis pequenos na instalación da Piscina Municipal. Inscrición en recepción da Piscina Municipal
  • Estará a  disposición  dos  corredores  e  corredoras un servizo de fisioterapia
  • Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en condicións de finalizar a proba