03 jun. 2018 VI TRAIL DE VILATUXE 2018

Salida Desde Hasta Precio
21 inscr.TRAIL LONGO (34 KM +2200 M) 300 PLAZAS. QUEDAN 279
34,000 m
09:00 01/04/201830/04/201820,00€
01/05/201830/05/201825,00€
11 inscr.TRAIL CURTO (17.5 KM +850 M) 200 PLAZAS. QUEDAN 189
17,500 m
09:30 01/04/201830/04/201815,00€
01/05/201830/05/201820,00€
5 inscr.ANDAINA 100 PLAZAS. QUEDAN 95
17,500 m
09:30 01/04/201830/04/20187,00€
01/05/201830/05/201812,00€

MODALIDADES 
  • A proba Trail longo terá un percorrido aproximado de 34 Km e un desnivel de 2.200 m + resultando 4.400 m na serra do Candán con un 94% por sendas, un 4% por pistas e un 2% por pista asfaltada.
  • A proba Trail curto con un percorrido de 17,5 km e 850 m de desnivel +.
  • A Andaina  non competitiva, realizarase polo mesmo percorrido do Trail curto.
SAÍDA 
  • Para o Trail longo será as 9:00 horas, e para o Trail curto e Andaina as 9:30 horas. 
INSCRIPCIONS

Será a través da páxina Champion Chip Norte.

Para as tres probas haberá dous prazos de inscrición e un desconto para os federados.

Primeiro prazo do 1 de abril ó 30 de abril: Para este período os prezos serán os seguintes: 

  • Trail longo non federados 23 €, federados 20 €.
  • Trail curto non federados 18 €, federados 15 €.
  • Andaina non federados 10 €, federados 7 €.

Segundo prazo do 1 de maio ó 30 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes: 

  • Trail longo non federados 28 €, federados 25 €.
  • Trail curto non federados 23 €, federados 20 €.
  • Andaina non federados 15 €, federados 12 €.

XANTAR 

  • Poderase inscribir a cantos acompañantes se desexe para o xantar, previo pago, a través da plataforma de inscrición de Champion Chip, dun complemento de 3 € por acompañante.
POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS
  • Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación. 
RETIRADA DE DORSAIS 

Para todas as probas poderanse retirar o día anterior sábado 2, a partir das 18:00 no Puzo do Boi (praia fluvial de Vilatuxe), do mesmo xeito tamén se poderán retirar o mesmo día na zona de saída e meta entre as 7:00 e as  8:30  horas.  Para  a  retirada  de  dorsais  será  obrigatorio  presentar  o  DNI  ou pasaporte,  non podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario.   Para  os corredores participantes na Copa Galega, será obrigatorio presentar a licenza federativa, que quedara en custodia da organización ata o remate da proba.

OUTROS SERVIZOS
  • DUCHAS: na mesma zona de meta e a maiores a organización porá a disposición dos corredores as duchas do colexio público de Vilatuxe, a 1 km da saída (N 42º 36’ 51’’     W 08º 11’ 31’’)
  • APARCADOIRO: Habilitarase zona para estacionamento de auto caravanas e vehículos ao carón da zona de meta.