19 nov. 2017 XLI CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2017

Salida Desde Hasta Precio
453 inscr.CARREIRA ABSOLUTA (NADOS/AS NO 2000 E ANOS ANT.)
10,000 m HOMOLOGADOS
11:00 06/10/201731/10/20175,00€
01/11/201712/11/20177,00€
172 inscr.CARREIRA ESCOLAR (NADOS/AS ENTRE OS ANOS 2008 E 2001)
4,700 m
12:30 06/10/201731/10/20170,00€
01/11/201712/11/20170,00€
51 inscr.CARREIRA DE CATIVOS (NADOS/AS NOS ANOS 2009 E POST.)
1,400 m
13:15 06/10/201731/10/20170,00€
01/11/201712/11/20170,00€

INSCRIPCION.

ADULTOS

  • O prazo de inscrición é desde o 6 de outubro ata o 12 de novembro. Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
  • O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal, chip e camiseta é ata o 4 de novembro de 2017.

A cuota de inscrición será de 5€ desde 6 outubro ao 31 de outubro e de 7€ desde o 1 ao 12 de novembro.

MENORES

  • A inscrición será gratuita e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na mesma páxina.
  • O prazo de inscrición para colexios é desde o 6 de outubro ata o 4 de novembro de 2017 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 12 de novembro de 2017.

 

CANCELACIONES

  • Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.

 

RECOLLLIDA DE CHIPS.

  • A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 17 de novembro de 16:30h a 20h e o sábado día 18 de novembro de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Recinto Ferial de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
  • Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
  • A recollida anticipada de chips (para os inscritos ata o 4 de novembro de 2017) será os días 16, 17 e 18 de novembro de 2017 nos puntos acordados.

 

PREMIOS ECONÓMICOS

Clasificación “absoluta”

  • 1º posto: trofeo e 1.000 €
  • 2º posto: trofeo e 700 €
  • 3º posto: trofeo e 500 €
  • 4º posto: 300 €
  • 5º posto: 200 €

 

Clasificación “locais”

  • 1º posto: trofeo e 200 €
  • 2º posto: trofeo e 150 €
  • 3º posto: trofeo e 100 €

 

Premios especiais:

  • 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010).

Premio especial Caixabank: 300€ polo primeiro posto ao cruzar o control do 5km, tanto na categoría masculina como feminina. É imprescindible rematar a carreira e clasificarse para optar a este premio

 

ENTREGA DE TROFEOS

A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar, previa xustificación dos datos aportados na inscrición, presentando a documentación acreditativa que proceda (DNI, pasaporte, certificado de empadroamento... etc). É de obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións para percibir os trofeos e os premios económicos.

 

GARDARROUPA.

  • A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.