20 ago. 2017 XXXV TRAVESÍA A NADO DO PORTO DE VILAGARCÍA

Salida Desde Hasta Precio
145 inscr.2000M (2003 E ANTERIORES)
2,000 m
11:00 02/08/201718/08/20170,00€
41 inscr.900M (2007 Y ANTERIORES)
900 m
11:00 02/08/201718/08/20170,00€
18 inscr.250M (2005 Y POSTERIORES)
250 m
11:00 02/08/201718/08/20170,00€

INSCRICIONS

As inscricións na devadita travesía realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte .com dende o 1 de agosto ata o 18 de agosto as 12:00 horas, sendo a mesma gratuita.

Os nadadores/as non federados/as menores de 18 anos, para a súa participación terán que acompañar unha autorización do pai/nai ou  titor/a.

Os nadadores/as  só poderán participar nun  percorrido.

Os nadadores/as locais serán aqueles que estén empadroados no municipio ou teñan licenza federativa nalgún Clube/Entidade Deportiva rexistrado na Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa.

A inscrición na devandita travesía, supón a aceptación do presente regulamento.

Percorrido

A saída daráse dende a Dársena A do Porto de Vilagarcía de Arousa, na orde seguinte:

  • Percorrido A: consistirá nunha liña recta dende a Dársena A ata o vértice dun triángulo sinalizado por tres boias. (As boias nº 2 e 3 serán de obrigado paso, a boia nº 1 será de referencia para os nadadores/as segundo o trazado que se achega no anexo).
  • Percorrido B: consistirá nunha liña recta dende a Dársena A e de ida e volta ata unha boia de obrigado paso.(As boia nº 2 será de obrigado paso e a boia nº 1 será de referencia para os nadadores/as segundo o trazado que se achega no anexo).
  • Percorrido C: consistirá nunha liña recta de ida e volta ata a unha boia de obrigado paso. (A boia de obrigado paso será a nº 1)

A meta, estará debidamente sinalizada cun arco flotante na Dársena A. Únicamente será válida a chegada no lugar establecido como  meta.