30 jul. 2017 II carreira Ribeira do Tea

57 Inscritos 0 Preinscritos PLAZAS LIMITADAS A 200
Salida Desde Hasta Precio
55 inscr.CARREIRA 16 KM
16,000 m
10:00 15/06/201727/07/201710,00€
2 inscr.CARREIRA 2 KM
2,000 m
10:30 15/06/201727/07/20173,00€

SAÍDA E META

Saída na Fortaleza de Salvaterra de Miño e chegada na Ponte romana dos Remedios, en San Roque, Ponteareas.

INSCRICIÓNS

Faranse na web www.championchipnorte.com dende o 15 de xuño ata o 27 de xullo 2017.
Prezo:
10 euros para a carreira de 16 km, e se precisan servizo de autobús 12 euros.
3 euros para a carreira de 2 km.
A inscrición quedará limitada a 200 participantes

NON SE PERMITEN DEVOLUCIÓNS

RECOLLIDA DE DORSAIS

Farase en dúas xornadas:
- Sábado 29 de xullo, no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas entre as 16:00 e as 17:30
- Domingo 30 de xullo, na Fortaleza de Salvaterra de Miño entre as 09:00 e as 09:50, día proba.

PERCORRIDO

Os corredores que pediron servizo de autobús estarán listos as 9:00 no pavillón Alvaro Pino para montarse no autobús que os levará a saída da proba.
As 09:50 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 2 km.
As 10:20 horas teremos na saída o control de dorsais para a carreira de 16 km.
A saída terá lugar na fortaleza de Salvaterra de Miño, as 10:00 horas para 2 km e 10:30 para 16 km.

A proba de 2 km irá dende a Fortaleza ata a rotonda da depuradora e dará volta para rematar no lugar de saída.
A proba de 16 km discorrerá pola ribeira do río Tea, polo sendeiro que usan os pescadores, pasando polas parroquias de Salvaterra de Miño, Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira, Angoares e Ponteareas, para rematar na ponte romana de Os Remedios en Ponteareas. Os corredores completarán un percorrido de 16 km e terán un tempo máximo de 2 horas.
Horario da saída: 10:30h e fora de control as 12:30h.