25 jul. 2017 Carreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2017

V Circuito de Carreiras Pedestres Pontevedra (CCCP) 2017 347 Inscritos

Salida Desde Hasta Precio
Absoluta
6,450 m
11:00 06/07/201723/07/20175,00€

A Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e o Concello de Pontevedra, a través do Servizo Municipal de Deportes, e coa colaboración técnica da Sociedad Gimnástica de Pontevedra organizan o martes 25 de xullo de 2017 , a partir das 11,00 horas, a “C arreira Pedestre Santiaguiño do Burgo 2017 ”.

Inscrición:

Faranse para as categorías Promesas, Senior e todas as de Veteranos ata as 23:59 horas do día 23 de xullo de 2017, non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba, e faranse en esta web.

Para as categorías inferiores Chupete, Pitufo/a, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil faranse o mesmo día da carreira á hora de recoller o dorsal (dende as 08.30 ata as 09.40 horas) indicando o nome do/a participante e ano de nacemento, no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.

Recollida de Dorsais:

Farase no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o 25/07 en horario de 08,30 a 10,30 horas.

Como chegar en coche ó lugar de Saída:

En caso de vir pola autopista o recomendable é coller a saída “Pontevedra Norte” e dende alí coller á esquerda cara a Pontevedra; e na primeira rotonda (arredor dos Bombeiros) tomar a primeira saída á dereita dirección Pazo de Congresos ou Policía Local e atravesar a primeira ponte e ao atravesar á esquerda e buscar xa onde estacionar.